21:00
CONCERTO | Lugo, de Trovas e Cantigas

CONCERTO | Lugo, de Trovas e Cantigas

A Capela de Santa María acolle o mércores -30 de abril – o primiero dos concertos do ciclo “Lugo, de Trovas e Cantigas”, co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo promoverá actuacións musicais relacionadas con esta etapa histórica en distintos emprazamentos singulares e simbólicos da provincia.

Begoña Olavide -salterios e voz -, Manuel Vilas – arpas- e Francisco Luengo -violas – serás os intérpretes deste primeiro concerto, cun repertorio baseado nas cantigas de Martin Codax, no Llibre Vermell de Montserrat -un manuscrito de finais da Idade Media que recolle unha colección de danzas e cantos medievais -, no Codex Montpellier  - un manuscrito que contén unha colección de polifonía francesa – e no Codex das Huelgas – que documenta as composicions polifónicas da Idade Media na Península Ibérica-.

O concerto será ás 21 horas, con entrada gratuíta e libre ate completar a capacidade do espazo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android