00:00 hasta las 00:00
Días Europeos da Artesanía 2026 | Lugo
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Días Europeos da Artesanía 2026 | Lugo A Vicepresidencia da Deputación de Lugo súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía cun programa de demostracións participativas que se realizarán do xoves 9 ao domingo 12 de abril na Capela de Santa María, en Lugo. As persoas asistentes poderán coñecer de primeira man e experimentar cos materiais e técnicas de artesás de cerámica, coiro e tear. As actividades desenvolveranse en horario de mañá -de 11.00 a 14.00 horas – e tarde -de 17.30 a 19.30 horas – con asistencia libre e gratuíta. Obradoiros e demostracións. Mercedes Buján de “Bolboretas de coiro” • Demostración participativa na que os asistentes poderán participar na elaboración dunha flor feita en coiro e levala como agasallo. Inmaculada Díaz Cabado de “ La bellota mágica” • Demostración participativa nas que os asistentes poderán modelar unha peza coas súas mans Tear “Fusaiola” con Lourdes Otero Mato e Miriam Fernández Otero • Demostración de montaxe de tear de alto e baixo lizo • As persoas asistentes poderán sentarse fronte ao tear e tecer uns centímetros guiadas pola artesá. MªJosefa Sánchez Castedo de “Ceniza de papel” • Demostración participativa na que as persoas asistentes poderán crear unha peza no torno e decorala utilizando diferentes técnicas Soni Argiz de “Mimacuir” • Demostración participativa na que as persoas participantes poderán facer unha pequena peza de coiro



