10:30 hasta las 19:00
PALILLAD 2025

PALILLAD 2025

O vindeiro sábado -31 de maio- celebrarase na Praza de Abastos de Lugo a Xuntanza de Palilleiras e Multilabores PalillAD, un encontro ao redor do encaixe de palillos organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Asociación Agulla Máxica.

Trátase da sétima edición deste evento, no que se agarda a participación
dunhas  300 palilleiras de toda Galiza,  para  intercambiar e actualizar
coñecementos ao redor dunha actividade que está a experimentar unha
importante transformación impulsada polo mundo da moda, o deseño e a
decoración.

A palillada desenvolverase de 10.30  a 19.00 horas no baixo da Praza de
Abastos, con entrada libre e gratuíta para as persoas que queiran ver de
preto a labor das palilleiras.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android