Este ano, despois dunha decisión colectiva, se decidiu trasladar a feira Diversiarte á planta baixa da Praza de Abastos, un lugar cuberto, accesible e con capacidade para acoller a todas as asociación e colectivos interesados en participar, ademais de suficientemente amplo para celebrar as distintas actividades que conforman o programa. As asociacións que participan en este evento son: Dano Cerebral Lugo, Aspalu, Cogami, Alume, Fademga, Auxilia Lugo, Asfega, Alucem, Aspace Lugo, AECC en Lugo, Alufi, San Vicente de Paúl, Aspnais, Afalu, Alcer Lugo, Capaces Lugo, Raiolas, Down Lugo, Once y Asorlu. Ademais de contar cun stand no que darán a coñecer o traballo e os obxectivos que moven a cada unha das agrupacións, os principais protagonistas desta feira prepararon un extenso programa de actos, que arrancará coa inauguración do Diversiarte, mañá martes, ás 19.00 horas, e a actuación musical de Adrián Vigo e David Taboada. O mércores, a partir das 11.00 da mañá haberás dúas xincanas da accesibilidade con Auxilia e Once, e as actividades da mañá rematarán cun obradoiro de chapas de Alucem. Pola tarde haberá varias actividades para persoalizar bolas de nadal, a cargo de Raiolas; cestería, con Aspalu; obradoiro de de chapas, con Down Lugo, e de elaboración de xabóns, organizado por San Vicente de Paul. O xoves, a xornada comezará cunha nova xincana, obradoiro de cerámica, a cargo de Aspnais, e cunha actividades sobre valoración cognitiva, organizada por Afalu. Xa pola tarde, haberá torneo de boccia, a cargo de varios colectivos; unha nova actividade para decorar bolas de Nadal, dirixida por Raiolas; chocolatada familiar organizada polo Concello de Lugo, e un obradoiro de relaxación a cargo de Alume. A feira se clausurará ás 19.30 horas coa actuación do Orfeón Lucense.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar