11:00 hasta las 19:00
Asemblea Xeral de MANAIA 2024

Asemblea Xeral de MANAIA 2024

ASEMBLEA XERAL 2024, a celebrar o sábado 24 de febreiro de 2024, ás 10:30h. en primeira convocatoria e ás 11:00h. en segunda, na Sala Valdecorvos da Casazul - Rúa de Sor Lucía, 2 - 36002 Pontevedra.. Sabemos que as veces non é doado acudir as nosas actividades pero pedímosvos un esforzo extra para poder escoitar as vosas inquedanzas, as vosas suxestións e, dese xeito, mellorar as actuacións da Asociación.

DATA: 24/02/24 HORA: 10:30 - 19:00 LUGAR: Casazul

ASEMBLEA XERAL 10:30 a 14:00 Sala Valdecorvos ORDE DO DÍA - Lectura e aprobación da acta anterior. - Resumo 2023. "Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras" en convenio ca Xunta de Galicia. - Programación 2024. - Aprobación contas 2023 e orzamento 2024. - Programa de Experiencias Familiares de Referencia “EN FAMILIA”. Resumo 2023 e obxectivos 2024. - 18 Aniversario de MANAIA. - Presentación candidaturas e votación da renovación Xunta Directiva. - Achegas e ideas das persoas socias. - Pedimentos e suxestións. As candidaturas para a renovación da Xunta Directiva poden presentarse dende agora mesmo ate o momento de dar comezo a asemblea.

XANTAR PICNIC 14:00 a 16:30 Sala Valdecorvos Como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

TARDE DE FAMILIAS 16:30 a 19:00 Sala Valdecorvos Aproveitaremos este tempo para conversar sobre adopción e acollemento poñendo en valor o traballo das familias.

LUDOTECA De 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:00 Servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.gal confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

As persoas NON SOCiAS tamén están convidadas a asistir, con voz pero sen voto.

ESPERÁMOSVOS!!!

https://maps.app.goo.gl/2eZv3jdfMM1ciyzx8

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android