19:00 hasta las 21:00
VIGO - A MAXIA DE PERMITIRNOS SER VULNERABLES -II-

VIGO - A MAXIA DE PERMITIRNOS SER VULNERABLES -II-

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

Comezamos esta actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" cun parladoiro de 3 sesións en Vigo a cargo de Tamara Iglesias Costas que leva por título:

A MAXIA DE PERMITIRNOS SER VULNERABLES

Abrirnos e amosar esa parte de nós que rexeitamos, por medo, veragoña ou dor, pode chegar a ser un desafío que requira moita valentía e fortalez, pero ao mesmo tempo traerá consigo moita maxia e transformación.
Isto verase reflectido na relación connosco e polo tanto coas nosas relacións máis próximas, especialmente dentro da familia.
A autobservación e autocoñecemento das nosas debilidades, feridas e inseguridades conectaránnos profundamente connosco e cos demais, promovendo así:

1. Lazos de confianza nas relacións paterno filiais e de parella.
2. Vínculos máis íntimos e profundos cos nosos fillos e seres
queridos.
3. Espazos libres e seguros onde poderemos gozar dunha
comunicación máis compasiva e empática.

O seguintes tres talleres teñen como obxectivo aprender a observar e abrazar algunas das nosas vulnerabilidades así como ver a fortaleza que hai tras iso. Ademáis, aprenderemos estratexias de autorregulación do sistema nervioso que nos axuden a volver ao noso centro e sentirnos en paz.

Durante estes encontros traballaremos desde un enfoque respectuoso e de coidados a traves de sinxelas dinámicas, vivenciáis, frescas e divertidas onde aprender a vernos non sexa algo que nos asuste senón máis ben unha parte máis
da vida na que podamos gozar desde o xogo e a fantasía.

A cargo de:
TAMARA IGLESIAS COSTAS
Psicóloga sanitaria pola USC e a Universidade a distancia de Madrid. Ten un posgrado en traumaterapia infanto-xuvenil sistémica (Barudy y Dantagnan). Traballou tanto no ámbito público como privado en diferentes proxectos e con diferentes colectivos aportándolle gran coñecemento dentro do ámbito da psicoloxía evolutiva e o trauma interpersonal temprano.
Fai uns anos comezou un proxecto artistico autoxestionado Lobo Real de onde nace o seu libro "Tierra DAURORA", unha historia de trauma e resiliencia,ferramenta psicoeducativa e terapéutica.


DATA: 09/05/24
HORA: 19:00 - 21:00
LUGAR: Oficina 11. Areal, 138. Vigo

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 2º xoves de cada mes estaremos en Vigo.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android