17:30 hasta las 19:30
PONTEVEDRA - Unha experiencia de adopción : 'Mamá, xa non tes que facer un monólogo' -II-

PONTEVEDRA - Unha experiencia de adopción : "Mamá, xa non tes que facer un monólogo" -II-

Comezamos o ano con esta actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" cun parladoiro en Pontevedra a cargo de Gabriela Legaspi e Sunsa Gormaz que leva por título:

UNHA EXPERIENCIA DE ADOPCIÓN : "MAMÁ, XA NON TES QUE FACER UN MONÓLOGO" -II-

Que acontece cando as nosas pequenas e pequenos medran? Que medos nos abordan? Que preguntas nos facemos? Cumplíronse as nosas expectativas?

Este obradoiro pretende ser un encontro entre dous puntos de vista diferentes, entre unha filla e unha nai, no que abordaremos temas como a importancia de tratar a adopción coas nosas fillas/os, o contacto directo e coñecemento das orixes , a búsqueda de información necesaria que os pais precisan obter para poder educar e educarnos, e a comunicación como nexo entre os integrantes da familia.

A cargo de: GABRIELA LEGASPI Filla adoptiva, nacida en Cusco - Perú. Integrante da Asociación Manaia e responsable de Manaia Moza.

SUNSA GORMAZ Nai adoptiva. Licenciada en Pedagoxía, profesora de Memoria para a Terceira Idade e profesora de Tai-Chi.

DATA: 04/04/24 HORA: 17:30 - 19:30 LUGAR: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 1º xoves de cada mes estaremos en Pontevedra.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android