10:30 hasta las 19:00
Asemblea Xeral de MANAIA 2026

Asemblea Xeral de MANAIA 2026

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

O sábado 28 de febreiro de 2026 celebraremos a ASEMBLEA XERAL 2026, ás 10:30h. en primeira convocatoria e ás 11:00h. en segunda, na Sala Valdecorvos da Casazul - Rúa de Sor Lucía, 2 - 36002 Pontevedra.

Sabemos que as veces non é doado acudir as nosas actividades pero pedímosvos un esforzo extra para poder escoitar as vosas inquedanzas, as vosas suxestións e, dese xeito, mellorar as actuacións da Asociación.

DATA: 28/02/26
HORA: 10:30 - 19:00
LUGAR: Casazul

ASEMBLEA XERAL
10:30 a 14:00 Sala Valdecorvos
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación da acta anterior.
- Resumo 2025. "Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras" en convenio ca Xunta de Galicia.
- Programación 2026.
- Aprobación contas 2025 e orzamento 2026.
- Programa de Experiencias Familiares de Referencia “EN FAMILIA”. Resumo 2025 e obxectivos 2026.
- 20 Aniversario de MANAIA.
- Presentación candidaturas e votación da renovación Xunta Directiva.
- Achegas e ideas das persoas socias.
- Pedimentos e suxestións.

As candidaturas para a renovación da Xunta Directiva poden presentarse dende agora mesmo ate o momento de dar comezo a asemblea.

XANTAR PICNIC
14:00 a 16:30 Sala Valdecorvos
Como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

TARDE DE FAMILIAS
16:30 a 19:00 Sala Valdecorvos
Aproveitaremos este tempo para conversar sobre adopción e acollemento poñendo en valor o traballo das familias.
(Andamos a programar algunha sorpresiña;-)

LUDOTECA
De 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:00
Servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que enviedes un correo a manaia@manaia.gal confirmando a asistencia das vosas fillas/os, poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

As persoas NON SOCiAS tamén están convidadas a asistir, con voz pero sen voto, asi que non dubidedes en convidar a quen queirades.

• Ubicación: https://maps.app.goo.gl/ 2eZv3jdfMM1ciyzx8

ESPERÁMOSVOS!!!

Un saúdo a todas e todos,
A Xunta Directiva

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android