17:30 hasta las 19:30
Pontevedra - A expresión artística: un gran recurso para reforzar a comunicación -I-

Pontevedra - A expresión artística: un gran recurso para reforzar a comunicación -I-

Seguimos desta vez co "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" cun obrador a cargo de Águeda Ruibal co título:

A EXPRESIÓN ARTÍSTICA: UN GRAN RECURSO PARA REFORZAR A COMUNICACIÓN -I-

As persoas facemos uso de diferentes medios para comunicarnos. Entre eles, atopamos a expresión artística, na cal nos servimos de técnicas e instrumentos moi variados para crear.
É sabido que estes recursos posúen grandes calidades terapéuticas para acompañar e axudar ás persoas na busca do equilibrio, o seu benestar emocional, a expresión de situacións traumáticas... (Arteterapia).
Neste caso, o obxectivo da actividade non é acadar un resultado artístico determinado, a meta atópase no propio proceso de creación e a evolución do mesmo, tendo en conta o momento no que se atopa cada persoa.
Con esta idea, realizaremos 3 obradoiros ao longo dos cales traballaremos con diferentes materiais e buscaremos unha comunicación fluída co outro a partir da actividade artística.
Trátase dunha actividade por parellas na que poderán participar grandes e pequenos.
Non é preciso ningún coñecemento ou experiencia previa coas diferentes técnicas ou materiais, simplemente experimentaremos e deixarémonos levar, desfrutando do momento presente e tentando conectar coa persoa que teñamos diante.

1º sesión: Traballo con pinturas
O encontro – pintura por parellas na que respectando o espazo da outra persoa debemos atopar o modo de relacionarnos e comunicarnos.


A cargo de ÁGUEDA RUIBAL
Mestra de Educación Infantil. Traballa dende 1995 na escola pública. Converteuse en membro de Manaia en 2006. Participou en diferentes cursos e seminarios para profesorado e familias, dando charlas sobre "Adopción e Acollemento na Escola" nos últimos 10 anos como parte da Equipa de Educación de Manaia e a Comisión de Educación de CORA. Arteterapeuta, formada en Arteterapia Antroposófica Hauschka.

DATA: 05/09/24
HORA: 17:30 - 19:30
LUGAR: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 1º xoves de cada mes estaremos en Pontevedra.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Download App iOS
Viral Agenda App
Download App Android