16:00 hasta las 18:00
Asamblea Xeral 2026: Actividade teatro

Asamblea Xeral 2026: Actividade teatro

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

O sábado 28 de febreiro de 2026 celebraremos a ASEMBLEA XERAL 2026, este mesmo día as 16:30 terá lugar unha obra de teatro para os/as nenos/as, impartida por “Trémola teatro” que leva como nome:

“A GALIÑA XOSEFINA”

A galiña Xosefina vive moi feliz na granxa de Pepe con moitos animais: vacas, porcos, galiñas, coellos.... Pero un día, Xosefina dáse conta dunha cousa, na casa de Pepe,
usan os seus ovos para facer tortillas! Ao decatarse disto, vai correndo a dicirllo ao resto dos seus amigos e amigas da granxa, pero ningún animaliño a cree.
Será capaz, a galiña Xosefina, de convencer ao resto dos animais e conseguir que todos se poñan en folga? Acompañanos nesta divertida historia!

Ademais ese mesmo día ás 18:00h terá lugar outra obra de teatro para os adultos que leva como titulo:

“8(M)ulier”
Que pasaría se reinventásemos un conto tradicional? Se as princesas xa non necesitaran ser salvadas? E se fose necesario reverter o feitizo? 8M(ulier) reivindica a figura da muller a través de
contos, cancións e poemas. Unha viaxe que non deixará indiferente a ninguén.

DATA: 28/02/26
HORA: 16:30 e 18:00
LUGAR: Casazul

É preciso confirmar asistencia a través do formulario soamente a rapazada que asista á obra “A galiña Xosefina”: https://forms.gle/muESj3oSoRuTZP8a6

Esperámosvos!
Un saúdo.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android