17:30 hasta las 19:30
Pontevedra - A expresión artística: un gran recurso para reforzar a comunicación -II-

Pontevedra - A expresión artística: un gran recurso para reforzar a comunicación -II-

Seguimos desta vez co "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" cun obrador a cargo de Águeda Ruibal co título:

A EXPRESIÓN ARTÍSTICA: UN GRAN RECURSO PARA REFORZAR A COMUNICACIÓN -II-

As persoas facemos uso de diferentes medios para comunicarnos. Entre eles, atopamos a expresión artística, na cal nos servimos de técnicas e instrumentos moi variados para crear.
É sabido que estes recursos posúen grandes calidades terapéuticas para acompañar e axudar ás persoas na busca do equilibrio, o seu benestar emocional, a expresión de situacións traumáticas... (Arteterapia).
Neste caso, o obxectivo da actividade non é acadar un resultado artístico determinado, a meta atópase no propio proceso de creación e a evolución do mesmo, tendo en conta o momento no que se atopa cada persoa.
Con esta idea, realizaremos 3 obradoiros ao longo dos cales traballaremos con diferentes materiais e buscaremos unha comunicación fluída co outro a partir da actividade artística.
Trátase dunha actividade por parellas na que poderán participar grandes e pequenos.
Non é preciso ningún coñecemento ou experiencia previa coas diferentes técnicas ou materiais, simplemente experimentaremos e deixarémonos levar, desfrutando do momento presente e tentando conectar coa persoa que teñamos diante.

A cargo de ÁGUEDA RUIBAL
Mestra de Educación Infantil. Traballa dende 1995 na escola pública. Converteuse en membro de Manaia en 2006. Participou en diferentes cursos e seminarios para profesorado e familias, dando charlas sobre "Adopción e Acollemento na Escola" nos últimos 10 anos como parte da Equipa de Educación de Manaia e a Comisión de Educación de CORA. Arteterapeuta, formada en Arteterapia Antroposófica Hauschka.

DATA: 03/10/24
HORA: 17:30 - 19:30
LUGAR: Sala Valdecorvos. Andar 2. Rúa de Sor Lucía, 2. Pontevedra

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 1º xoves de cada mes estaremos en Pontevedra.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android