Casazul | Oficina de Benestar Social Municipal
Rúa de Sor Lucía, 2 - Pontevedra Ver web
Manaia leva anos ofrecendo obradoiros gratuítos sobre Adopción e Acollemento en centros escolares galegos, dirixidos a profesorado e profesionais. O obxectivo é darlles ferramentas para comprender e atender ao alumnado que viviu Adversidade Temperá, especialmente adoptado e acollido. Agora organizamos unha formación interna para profesionais de Manaia, co fin de ampliar a nosa rede educativa e achegar esta información ao maior número posible de centros.
INSCRIPCiÓNS OBRIGATORIAS: https://forms.gle/qTxMmd7NmZiX5WZ37
Obxectivos:
- Dar a coñecer a realidade da adopción e do acollemento na escola e as secuelas da adversidade temperá
- Ofrecer ferramentas axeitadas ao profesorado e resto de profesionais para traballar dentro e fóra da aula
- Facilitar a integración no contexto escolar das nenas e nenos adoptados e acollidos
- Coñecer as dificultades do alumnado con adversidade temperá e estratexias que melloren a súa integración escolar e social.
- Promover actitudes de respecto e tolerancia cara o alumnado independentemente da súa orixeOrganización:
- Venres 10 de outubro (17h a 20h)Vínculo e apego: historias de vida cun comezo diferente.
Adversidade Temperá: características e necesidades.
Adopción, Acollemento e escola: Incorporación á escola, rasgos comúns das nenas e nenos adoptados e acollidos, necesidades e estratexias educativas.A cargo de MARÍA ELENA BORRAJO (Centro Alén)
Psicóloga infantil especializada no tratamento con nenos e nenas, adolescentes, que sufriron desamparo temperán. Formada pola Fundación Exil polo profesor Jorge Barudy e Maryorie Dantagnan, no diplomado especializado para nenos vítima de malos tratos. Con 30 anos de experiencia no ámbito da protección infantil e a atención en centros de menores e o acollemento familiar. Fundadora do Centro Alén. Terapeuta EMDR.- Sábado 11 de outubro (10h a 14h)
A diversidade familiar e as orixes: como traballar na aula..
Revisión e actualización de diferentes elementos do currículo.
Temas sensibles.
Comunicación familia-escola.A cargo de EQUIPO EDUCACIÓN MANAIA
- Sábado 11 de outubro (16h a 19h)
Racismo na escola: pautas de actuación
Estereotipos, referentes e linguaxe axeitado Protocolos nos centrosA cargo de ADRIANA TORROELLA (FAHAFAHANA - Servicios socioeducativos)
Nacida en Fianarantsoa (Madagascar) en 1999 e residente en Badalona (Cataluña) desde finais do 2000, é filla adoptiva de pedagoga.
É graduada en Educación Social pola Universidade de Barcelona (2020), técnica en Creación de Proxectos Sociais e Xestión de Ong (2021) e experta en racialidad con perspectiva interseccional e de xénero. Concretamente, especializouse na prevención de violencias racistas no ámbito educativo.
Desde FAHAFAHANA, combina o seu labor de formadora antirracista coa de activista afrofeminista en Instagram. Paralelamente, colabora coa Unidade de Apoio ao Alumnado en situación de Violencia da Generalitat de Catalunya, impartindo formación antirracista ao profesorado e exercendo como responsable do Equipo Itinerante de Contención e Asistencia (EICA) cando se activa en casos de violencia escolar racista.
Entre varias guías docentes antirracista, destaca a súa última publicación co Departament d'Educació: Guia pedagògica per erradicar o racisme als centres educatius.
Rúa de Sor Lucía, 2 - Pontevedra Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar