11:30 hasta las 19:00
Sábado 27 - A CORUÑA - Como te comunicas contigo mesmx? - LegoSerious Play

Sábado 27 - A CORUÑA - Como te comunicas contigo mesmx? - LegoSerious Play

Continuamos cas nosas actividades presenciáis, dentro do "Programa de preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras", con esta estupenda actividade que terá lugar en A Coruña o vIndeiro sábado 27 de abril co título:

COMO TE COMUNICAS CONTIGO MESMX? LegoSerious Play

Nesta ocasión é imprescindible apuntarse neste cuestionario antes do 24 de abril: https://forms.gle/qZcJAjhnAQbvZQAD6

A cargo de, CARMEN DE LA SIERRA Facilitadora de aprendizaxe, centrada principalmente na saúde e no benestar organizacional. Facilitadora de LegoSerious Play e coordinadora do Club de facilitación de LSP. Mediadora en resolución de conflitos e en formación de Comunicación Non Violenta (CNV). Colaboro como mentora no programa de desenvolvemento de alto potencial de BisBlick Talento Joven de Arxentina. Nai adoptiva e socia de MANAIA

e ALICIA JOVER Os máis de 25 anos de experiencia en diferentes ámbitos foron unha oportunidade para aprender e crecer tanto de forma profesional como persoal. Creo firmemente no autocoñecemento, entender quen somos, cales son as nosas fortalezas e áreas de mellora, é fundamental para alcanzar o noso máximo potencial. Este autocoñecemento axudoume a comprender mellor as miñas habilidades, e permitiume identificar como podo utilizalas para axudar aos demais. Colaboro con equipos, fomentando un ambiente que valore a reflexión e a autoexploración. Utilizo ferramentas e técnicas que motivan ás persoas para identificar as súas fortalezas, desafíos e metas, todo dentro dun marco de confianza, respecto e transparencia. Este proceso é o primeiro paso cara ao crecemento e o éxito duradeiro. Son facilitadora de LSP e fundadora e coordinadora do Club de LSP

Que é LegoSerious Play? É unha metodoloxía de facilitación desenvolta por The Lego Group que utiliza as icónicas pezas de LEGO para mellorar o pensamento creativo, é unha técnica para facilitar a reflexión, a comunicación e a resolución de problemas. Os e as participantes atravesan ciclos sucesivos e completos que consisten en: 1° RETO: a facilitadora formula unha pregunta 2°. CONSTRUIR: nun tempo definido, cada participante responde ao reto cunha construcción coas pezas, isto chámase Modelo 3º. COMPARTIR: a posta en común, é un proceso de reflexión en sí mesmo, xa que ao compartir os modelos, as e os participantes exploran as súas propias expresións máis de cerca.

OBRADOIRO 1 - A comunicación compasiva 11:30 a 14:00

XANTAR PICNIC 14:00 a 16:30 Como vén sendo habitual en MANAIA, faremos un Xantar/Picnic onde compartiremos os alimentos que cada quen teña a ben levar (tendes que traer todo: o xantar, a bebida, o menaxe e, se vos apetece, o café).

OBRADOIRO 2 - O cultivo das emocións integradoras 16:30 a 19:00

LUDOTECA De 11:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:00 Servizo de ludoteca de balde, pregámosvos que cubrades o cuestionario o antes posible para facilitar a previsión das monitoras.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.

𝗘𝗦𝗣𝗘𝗥𝗔́𝗠𝗢𝗦𝗩𝗢𝗦!!!!

Un saúdo

Actividade cofinanciada ca Xunta de Galicia

Máis información en: manaia@manaia.gal - 688 927 124

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android