17:00 hasta las 19:00
SANTIAGO - Resolvendo dificultades do noso modelo educativo dende a experiencia - 2/3

SANTIAGO - Resolvendo dificultades do noso modelo educativo dende a experiencia - 2/3

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

Continuamos este ano cunha actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" en Santiago cunha sesión dun obradoiro a cargo de Pilar Rey Suárez sobre:

RESOLVENDO DIFICULTADES DO NOSO MODELO EDUCATIVO DENDE A EXPERIENCIA.

Neste obradoiro analizaremos como o noso modelo educativo non sempre corresponde co modelo axeitado para educar as nosas fillas e fillos. Dende a experiencia de cada participante buscaremos estratexias e ferramentas que tenten resolver aquelas cuestións que máis nos custa modificar e enfrentaremos o modelo recibido, como nos educaron, co modelo que utilizamos, como educamos.

PILAR REY SUÁREZ
Traballadora social. Terapeuta familiar. Educadora certificada de familias e docentes en Disciplina Positiva pola Positive Discipline Association. Formación en perdas, dó e trauma no Instituto de Psicoterapia Integrativa-Relacional. IPIR. Barcelona. Master en Couseling de dó e perdas (Universidade de Barcelona). Formación en Psicoterapia Sensoriomotor (Sensoriomotor Psychotherapy Institute).

DATA: 16/05/24
HORA: 17:00 - 19:00
LUGAR: Aula 3º andar. CABES. Manuel María, 6. Santiago.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 3º xoves de cada mes estaremos en Santiago.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android