20:30
A MÚSICA PARA ÓRGANO NO SÉCULO DE OURO EN EUROPA

A MÚSICA PARA ÓRGANO NO SÉCULO DE OURO EN EUROPA

CICLO DE LUGARES E ÓRGANOS

CONCERTO INAUGURAL

CARLOS FERNÁNDEZ BOLLO, órgano

OBRAS DE SWEELINCK, CORREA DE ARAUXO OU SCHEIDEMANN, ENTRE OUTROS

O galego Carlos Fernández Bollo é un novísimo organista establecido en Groningen, nos Países Baixos, onde cursa os seus estudos de mestrado en órgano no conservatorio Prins Claus, pertencente á Universidade de Hanze. Nesta cidade colabora, ademais, como organista da catedral católica, así como na igrexa protestante de San Martín. A pesar da súa curta idade, vén de gañar o primeiro premio do V Concurso Nacional de Órgano Francisco Salinas, e recibiu tamén, no mesmo concurso, o Premio Montserrat Torrent, pola interpretación obrigatoria dunha obra de Antonio de Cabezón. Carlos ofrecerá o seu primeiro concerto en Santiago de Compostela e farao cun programa integrado por música ibérica e europea do Século de Ouro e do primeiro Barroco, facendo ao tempo gala das súas habilidades improvisatorias. No decurso do concerto, teremos ademais oportunidade de conversar co artista sobre a súa formación, perspectivas, proxectos e sobre a experiencia de ter gañado, con só 23 anos, tan prestixioso concurso.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/m%C3%BAsica-para-%C3%B3rgano-no-s%C3%A9culo-de-ouro-en-europa
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android