20:00
VENETIA. MÚSICA DA REPÚBLICA VENECIANA E A SÚA PEGADA EN EUROPA

VENETIA. MÚSICA DA REPÚBLICA VENECIANA E A SÚA PEGADA EN EUROPA

CICLO DE LUGARES E ÓRGANOS

CONCERTO DE ADRIÁN LINARES E JUAN DE LA RUBIA

OBRAS DE CASTELLO, MERULO OU FESCOBALDI, ENTRE OUTROS

O violinista Adrián Linares, membro destacado da Orquestra Sinfónica de Galicia, ademais de concertino e director do grupo El Afecto Ilustrado, e Juan de la Rubia, un dos máis sólidos organistas do panorama peninsular e europeo, profesor da ESMUC, gran improvisador e organista titular da basílica da Sagrada Familia, xúntanse nesta ocasión para presentar en Compostela un programa de músicas da chamada Escola de Venecia, un movemento que tivo o seu máximo esplendor entre a segunda metade do século XVI e o primeiro terzo do XVII, e que reunía unha serie de autores arredor de importantes innovacións na praxe musical, que marcarían a transición do Renacemento ao Barroco. No programa interpretaranse autores intimamente ligados á República Serenísima, canda outros nos que, a través do estilo empregado nas súas obras, se pode percibir a herdanza dos autores venecianos.

Adrián Linares, violín barroco

Juan de la Rubia, órgano

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/venetia-m%C3%BAsica-da-rep%C3%BAblica-veneciana-e-s%C3%BAa-pegada-en-europa
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android