Seguimos en A Coruña con esta actividad do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" que leva por título:
PARLADOIRO. FALAMOS DE ADOPCIÓN E ACOLLEMENTO.
A adopción e o acollemento familiar son dúas das mellores medidas de protección á infancia. Nesta actividade falaremos delas, de que aportan ás nenas e nenos e de calquera cousa relacionada con elas na que esteades interesadas.
DATA: 09/04/24 HORA: 18:00 - 20:00 LUGAR: Centro Cívico San Diego, Av. Alberto García Ferreiro, S/N, A Coruña
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 2º martes de cada mes estaremos en A Coruña.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar