Monte (versión estendida) - Laboratorio Escénico S Coop Galega
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: Todos os públicos
Sinopse:
MONTE - Versión Estendida nace das historias de mulleres e fronteiras e o corpo como única equipaxe. Mulleres que deixaron atrás a terra coñecida e aprenderon a habitar outras, transformándose no tránsito entre culturas.
O monte como espazo de segredos, refuxio da memoria e territorio sacro onde se entrecruzan o visible e o oculto, como un espazo simbólico común onde se manifesta o espiritual, o popular e o sincrético.
A través do movemento e a música, o corpo convértese en arquivo vivo dunha identidade híbrida, onde se revela como estas mulleres se reinventan, cando as fronteiras dilúense e a pertenza reescríbese constantemente.
Dirección artística e coreografía: Maura Morales Concepto: Alba Fernández Creación e dirección musical: Iván Doval Interpretación (danza): Ana Beatriz Pérez, Estefanía Gómez e Alba Fernández. Interpretación (música): Diana Tarín, Amaury Quintero, Alfredo Álvarez, Pablo Hernández e Octavio Vargas. Iluminación: Afonso Castro. Vestiario: Carolina Díguele. Escenografía: Carolina Díguele e Isabel O'Connor (Vara 3). Técnicos en xira: Afonso Castro e Dyango Pérez. Producción e distribución: Laboratorio Escénico S. Coop. Galega. Fotografía e Video: Raquel Castro, Octavio Vargas, EME Comunicación. Deseño Gráfico: Manchea S. Coop. GalegaEspectáculo subvencionado polas Axudas á Creación Escénica de AGADIC 2025 (Xunta de Galicia).
CONDICIÓNSAdquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo. Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida. Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamente autorizados. Data de posta á venda 07/01/2026 as 16:00h. Fuente:
https://entradaslugo.es/evento/monte-version-estendida?type=outros