Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 4 anos
Sinopse:
Fantoches Baj presenta unha enxeñosa peza teatral de monicreques para público familiar a partir do libro de Luísa Villalta “As chaves do tempo”. Unha novela de ficción histórica que ofrece unha explicación lendaria á desaparición do florecente Reino de Galiza e á imposibilidade da súa recuperación ao longo dos séculos.
Baixo a máscara dunha compañía italiana de Contastorias ocúltanse Don Pedro, herdeiro da coroa do reino de Galiza, e María das Augas Doces, señora do castelo de Montemaio. Na súa viaxe na procura do mago Merlín arrastran unha carreta con todo o que precisan para contar historias: Unha silueta de cabalo, unhas marionetas, un teatriño a modo de pupis siciliano e un Kamishivai ilustrado. Con todo isto contaranlle ao público a crónica da usurpación do reino de Galiza pola coroa de Castela, da que eles foron vítimas. Finalmente preguntarán ao público pola porta do labirinto que os levará ao encontro co mago Merlín, única persoa capaz de conseguir que Don Pedro recupere a coroa do reino de Galiza, e seguirán o seu camiño.
CONDICIÓNS
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar