Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 12 anos
Sinopse:
Esta é a vida, a partida de Alicia, ela xoga as brancas, pero non conta con todas as pezas.
Alicia Wants To é unha mestura de realismo máxico e crueza social que nos conta a historia de Alicia, unha adolescente que sufre problemas coas drogas e unha posible situación de abuso. O espectáculo comeza no momento no que Alicia é expulsada dun centro de menores e se reencontra con Juana, súa nai. Ambas son mulleres da marxe, da fronteira, do borde, que tratan de sobrevivir nunha sociedade atravesada pola exclusión social, os abusos, a pobreza e un sistema xudicial que non protexe a todos por igual. Esta historia está contada e construída a través dunha partida de xadrez na que o público é parte activa, elixindo algunha das decisións que ten que tomar Alicia e polo tanto decidindo como continúa o espectáculo.
A dramaturxia está inspirada libremente en referencias como Alicia no país das marabillas e na película Mommy de Xavier Dolan.
CONDICIÓNS
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar