Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 4 anos
Sinopse:
Singularia: De aquilo que é único ou singular, aquilo que se emprega para destacar o excepcional, o fóra do común, o que non pode repetirse.
Singularia é unha viaxe onírica a un espazo irrepetible, como a mesma proposta, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Un espectáculo que nos enfronta a aquilo que nos distingue como persoas, aquilo que nos define e que tamén esperta a nosa imaxinación e renova o asombro. Singularia non é só un espectáculo de maxia, senón unha experiencia sensorial e emocional que convida ao público a redescubrirse a eles e elas mesmas e, ao mesmo tempo, redescubrir a beleza do misterio e do imposible.
CONDICIÓNS
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar