Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: Todos os públicos
"Frammenti" de Cie. Twain
Frammenti, inspirado no brevísimo relato de Frederick Brown, pon de manifesto o arbitrario que pode ser o límite entre nós o os outros. A pregunta que xurde é: O “outro” sente as mesmas cousas que sentimos nós? Desde o punto de vista do “outro”, o “monstro” ao que hai que combater somos nós. Loitamos contra o “outro” porque o “outro” loita contra nós, pero esa non é realmente a nosa guerra. En realidade, o “outro” parécenos un “monstro” porque non facemos o esforzo de comprendelo; pero, se miramos con atención, son máis as cousas que nos unen que as que nos separan. Cóstanos entendelo porque cada un péchase no seu propio mundo, rexeita a vida e comeza a odiar o que non comprende. Reflexionando sobre isto, toda guerra revélase absurda e inútil.
Duración: 15 minutos.
“Flores Negras” de Cia. ACERINA H. TOLEDO
Flores Negras nace dese espazo propio que fala, dun xardín pouco discreto onde difícilmente se pode atopar maior concentración de exuberancia, é privado e único en cada ser. Unha chiscadela a esa natureza que non sabemos domesticar. Parcela que gardamos ou atopamos, soportando o exercicio de soberbia e arrogancia humana de querer dominar, pero a natureza sempre irrompe e, finalmente, calma. Flores Negras xurde dun refuxio, que cura sen ser unha coraza, na busca do esplendor e declive, chegando a unha verdade.
Duración: 16 minutos.
"So-fa(r) FROM ME" de cía MARTA ALONSO TEJADA
So(fa)r from me é unha peza de danza creada para espazos non convencionais a partir do material coreográfico de Sofá. A través dun dúo físico e preciso, explórase a desconexión dunha parella esgotada pola dificultade de soster unha atención compartida. Mentres intentan coordinarse nas tarefas cotiás, o cansazo, a dispersión e as demandas externas — especialmente as do teléfono— acaban por alonxalos máis que achegalos. Un espectáculo de danza, teatro e malabares. .
Duración: 17 minutos.
CONDICIÓNS
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar