N/D
Xoguetes rotos - Barrosanta e Butacazero

Xoguetes rotos - Barrosanta e Butacazero

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 14 anos

Sinopse:
Mario é un rapaz nacido na comarca do Ribeiro dos anos 50. Mais a aldea non parece un lugar demasiado apropiado para el. Non lle gusta vendimar nin mocear e non lle prestan os xogos dos adolescentes. E menos aínda pensa seguir os ditados do pai, que van en contra da súa natureza interior. Mario escapa da aldea para instalarse no Vigo industrial dos 70, buscando na cidade un lugar ideal para ser el mesmo. Pero non resulta tan sinxelo de atopar. Os aforros pouco duran, e será difícil sobrevivir nesa nova hostilidade, se non fose pola aparición dunha fada madriña: Dorín. Ela, coma el, naceu sendo unha rapaza galega, pero chegou a ser unha grande artista en París. Agora actúa na Riomar de Samil e vive no Abanico, onde Mario axudará a limpar, pasar o ferro, estudará contabilidade e comezará a dubidar...mesmo do seu nome.

CONDICIÓNS

  • Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
  • Non se permitirá o acceso á sala unha vez comenzada a función, nin con comida e bebida.
  • Prohíbese a toma de fotografias e gravación do espectaculo, tanto no que se refire a son como imaxe, a escepción dos medios gráficos previamente autorizados.
  • Data de posta á venda 07/01/2026 as 16:00h.


  • Fuente: https://entradaslugo.es/evento/xoguetes-rotos?type=teatro
    Download App iOS
    VIRAL App
    Download App Android