Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 3 anos
Sinopse:
Noa é unha nena que garda no seu arcón os xoguetes que xa non a entreteñen. Todo parece vello e apagado no seu mundo solitario. Pero un día, sen decatarse, activa un encantamento e entra no mundo máxico que habita no arcón, onde os xoguetes cobran vida e un ser misterioso goberna sobre eles.
A través da linguaxe da danza contemporánea, a utilización de obxectos e a interacción co dispositivo escénico, o espectáculo mostra múltiples situacións e personaxes guiados por unha narración clásica de conto de maxia e fantasía, estimulando a imaxinación das nenas e nenos grazas a unha posta en escena alegre e luminosa.
O ARCÓN DE NOA trata transversalmente valores sociais e temáticas relevantes para o desenvolvemento emocional das nenas e nenos: a empatía, a amizade, a cooperación, a diversidade, a inclusión e o respecto ao diferente. Todos estes temas tratados de maneira lúdica, facendo uso da linguaxe corporal, a luz, a música e efectos audiovisuais para contar unha historia de amizade onde haberá emoción, maxia, aventuras, fantasía e comicidade.
CONDICIÓNS
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar