Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Titulo original: Family Tide & Dream in the Back of Your Head
Idade recomendada: Todos os públicos
Sinopse:
Marea Familiar (Family Tide)
É unha sátira sobre os personaxes que habitan nas familias. A peza xira arredor das mesas —que poden ser unha mesa de comedor, unha mesa de reunión familiar ou calquera mesa que convoque ao seu elenco de personaxes—. Ás veces a mesa convértese nun espazo de confinamento, outras nunha barreira, e noutras nun xogo festivo, case circense.
Soño Profundo (Dream in the Back of Your Head)
Combina música e poesía arredor do paso do tempo e da maneira en que os seres humanos escollemos vivir os nosos días. A obra presenta a característica linguaxe física da compañía, complexa e atlética, e inspírase nos engrenaxes internos dun reloxo: un mecanismo implacable e á vez delicado que marca a medida do tempo que habitamos na Terra.
CONDICIÓNS
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar