20:30
Cineclube Pontevedra: Nouvelle Vague
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
NOUVELLE VAGUE
Richard Linklater, 2025
Francia, 105 min, VOSE
Lingua orixinal: francés, inglés
.
O novo filme de Richard Linklater recrea episodios clave da eclosión da nouvelle vague, desde a actividade na redacción da Cahiers du Cinéma ata a lendaria estrea de Les Quatre Cents Coups, centrándose na produción da revolucionaria película de Jean-Luc Godard Ao final da escapada en 1959.Divertida homenaxe ao xeito dun making of ficcionado, celebración festiva ateigada de chiscadelas cinéfilas e atravesada pola vitalidade, o entusiasmo e a lixeireza propias dunha panda de mozos (Godard, Truffaut, Chabrol, Rivette e compañía) irmandados pola súa paixón polo cinema.
Nomeado á Palma de Ouro en Cannes 2025



