20:30
Cineclube Pontevedra: Ao final da escapada
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
AO FINAL DA ESCAPADA
Jean-Luc Godard, 1960
Francia, 89 min, VOSE
Lingua orixinal: francés
.
Michel Poiccard (Jean-Paul Belmondo) é un exfigurante de cinema admirador de Bogart. Tras roubar un coche en Marsella para ir a París, mata fortuitamente un motorista da policía. Sen remorso ningún polo que acaba de facer, continúa a súa viaxe cara a París, onde atopa a Patricia (Jean Seberg), unha moza americana que vende o New York Herald Tribune nos Campos Elíseos. O que Michel ignora é que a policía está a buscalo pola morte do motorista.Ópera prima de Jean-Luc Godard e pedra angular da nouvelle vague francesa. «A liberdade absoluta, por veces desconcertante», dicía Belmondo sobre o ton de Ao final da escapada, filme que revolucionou as regras formais e morais do cinema da época, e propulsou a historia do cinema cara á modernidade.
Oso de Prata á mellor dirección na Berlinale 1960



