20:30
Cineclube Pontevedra: Kontinental '25

Cineclube Pontevedra: Kontinental '25

KONTINENTAL '25
Radu Jude, 2025
Romanía, 109 min, VOSE
Lingua orixinal: romanés, húngaro e alemán
.
Orsolya é funcionaria na cidade de Cluj, en Transilvania, e debe executar o desafiuzamento dun home sen fogar instalado no soto dun edificio que se vai converter en hotel de luxo. Mais un suceso inesperado confróntaa de súpeto coas súas propias contradicións e desata nela unha profunda crise moral.

Filmada cun iPhone en apenas dez días, Kontinental '25 é un retrato mordaz dun sistema económico atravesado pola especulación inmobiliaria, a xentrificación e o auxe da extrema dereita. A través de planos fixos, afiados diálogos e un ton que vai do tráxico ao absurdo, Radu Jude ofrece unha demoledora análise do tempo presente, coa que gañou o Oso de Prata ao mellor guión na Berlinale.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android