N/D
Cineclube Pontevedra: Aos nosos amores

Cineclube Pontevedra: Aos nosos amores

AOS NOSOS AMORES
Maurice Pialat, 1983
Francia, 95', VOSE
.
Lingua orixinal: francés
.
Aos quince anos, Suzanne está a piques de descubrir que o sexo é máis doado có amor. Incapaz de entregarse emocionalmente ao seu pretendente, a moza encadea encontros e experiencias, mudando decote de parella, sen amar ningunha. Na súa casa, a situación é tensa. Fuxindo dunha nai con tendencias neuróticas, un pai ausente e un irmán autoritario e violento, Suzanne exprime libremente os seus desexos e contradicións.

O filme máis aclamado de Maurice Pialat, gañador do César 1984 a Mellor Filme e Mellor Actriz Revelación e protagonizado por unha novísima Sandrine Bonnaire, na súa primeira actuación e unha das máis memorables. Competiu en Berlín en 1984 na Sección Oficial.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android