N/D
Cineclube Pontevedra: Un simple accidente
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
UN SIMPLE ACCIDENTE
Jafar Panahi, 2025
Irán-Luxemburgo-Francia, 105 min, VOSE
Lingua orixinal: persa
-
Que ocorrería se un preso liberado se atopase cara a cara con alguén que o torturou e humillou no cárcere? O que semella un pequeno accidente de coche convértese axiña no detonante dunha cadea de eventos inesperados e cada vez máis graves. A medida que as repercusións se expanden, os involucrados vense arrastrados a situacións fóra do seu control, enfrontando decisións difíciles e consecuencias irreversibles.Baixo o pulso narrativo dun thriller, a nova obra do director iraniano é unha poderosa fábula moral que non renuncia ao humor como ferramenta para denunciar a falta de liberdades no seu país. Con ela gañou a Palma de Ouro no pasado Festival de Cannes, ao que puido asistir logo de anos de encarceramento e prohibicións de viaxar por parte do réxime iraniano, que o acusa de propaganda na súa contra.



