20:30
Cineclube Pontevedra: On Falling

Cineclube Pontevedra: On Falling

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

ON FALLING
Laura Carreira, 2025
Portugal-Reino Unido, 104 min, VOSE
Lingua orixinal: inglés e portugués
.
Aurora é unha muller portuguesa que traballa nun grande almacén de Escocia. Atrapada entre os muros do seu centro de traballo e a soidade do seu piso compartido, Aurora trata de resistir o illamento, a alienación e a charla trivial que comezan a ameazar a consciencia de si mesma. Nunha contorna dominada por unha economía baseada en algoritmos e deseñada para manternos separados, On Falling explora a loita silenciosa e vital por atopar sentido e conectar.

On Falling é o debut na longametraxe da directora portuguesa Laura Carreira, quen foi premiada no Festival de Donostia coa Cuncha de Prata á mellor dirección.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android