O espírito do programa ‘COUSAS NOSAS‘ radica en transformar o museo nun espazo vivo de acollida, benestar e xustiza social, poñendo os dereitos culturais e a cultura de paz no centro da acción institucional. Apoiándose nas funcións que nos son propias —investigación, conservación, educación e difusión—, a proposta concibe a Rede Museística como un lugar para ‘coñecer, coidar e compartir’, tecendo redes afectivas e críticas para construír, a través do diálogo e os saberes compartidos, unha sociedade máis inclusiva, consciente e hospitalaria. Un programa que nos lembra, en definitiva, que a paz e os dereitos non son pezas de vitrina para mirar sen tocar, senón algo que se mancha, se discute e, sobre todo, se vive. Luns, 1 de decembro Lugar: Museo Provincial de Lugo (MPL) 11:00 h | Presentación institucional Presentación do selo, postal e franqueo pagado coa imaxe do Museo da Migración da RMPL. Martes, 2 de decembro Xornada: Encontro de saberes compartidos. Dereitos culturais en acción e cultura de paz Lugar: Museo Pazo de Tor (TOR) 09:00 h | De camiño a Tor, no autobús Ioga e Arte na RMPL: Corpo, atención e benestar como dereito cultural. A cargo de: Stephanie Cubides (In itinere). 10:00 – 13:30 h | Relatorios e Experiencias Que facemos e que podemos facer nun Laboratorio sobre Dereitos Culturais e Diversidade Cultural na Universidade de Zaragoza. A cargo de: Jorge Jiménez (Universidade de Zaragoza). Coserlle godets ao museo. A cargo de: Tonina Cerdà (Xefa de Programas Públicos do Museu Picasso de Barcelona). Proxectos coa RMPL. Participan: Paula Cabaleiro, Daniel Vázquez, Carlota Pérez e Zinthia Palomino. Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla 16:00 – 19:15 h | Educación, Paz e Museos Educación histórica, interseccionalidade crítica e cultura democrática. A cargo de: Belén Castro (Universidade de Santiago de Compostela). Comprender a violencia para construír a Paz: Percepcións estudantís sobre conflitos e violencia na aula. A cargo de: Manuel Pousa (IES María Casares de Oleiros). Presentación do Museo da Migración da RMPL. A cargo de: Encarna Lago (Xerente da RMPL), Ruth Sousa e Sergio Lago (Bencuriosa). Presentación do Museo da Paz de Gernika. Participan: Iratxe Momoitio (Directora do museo) e Idoia Orbe (Responsable do departamento educativo). Lugar: Deputación de Lugo 20:00 h | Teatro Representación: Zulo de Palimoquiños Teatro. Coa dirección e dramaturxia de Paloma Lugilde. Obra gañadora do 1º Premio Xuventude Crea de teatro amador. Mércores, 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade: Accesibilidade e participación Lugar: Museo Provincial de Lugo (MPL) 09:00 – 14:00 h | Museos Sociais e Inclusivos O Museu Marítim de Barcelona: un museo socialmente responsable. A cargo de: Teresa Soldevilla (Responsable da área de responsabilidade social do MMB). Un museo feito á medida: participación, cultura e saúde. A cargo de: Alberto Gamoneda (Educador da área de educación do Museo Thyssen). Presentación de Apropa Cultura Cataluña e Apropa Cultura Balears. Participan: Claudia Torner (Coordinadora de Apropa Cultura Cataluña) e María del Mar Matas (Responsable de xestión en Balears). Sen etiquetas. Moda, persoas con discapacidade, mosaicos e miradas. A cargo de: Mari Carmen Parapar (COGAMI). Xoves, 4 de decembro Xornada: Migracións e convivencia intercultural 15:30 h | Obradoiro (Lugar: MPL) Cartografía de acollida. Saír do Mapa. 19:00 h | Inauguración (Lugar: O Vello Cárcere) Inauguración da exposición: Tecendo redes: migración, arte e Lugo. Venres, 5 de decembro Xornada: Arte, museo, saúde e benestar Lugar: Museo Provincial de Lugo (MPL) 11:00 h | Faladoiro Coñecer, coidar, compartir: os museos como espazos para o benestar. A cargo de: Leonardo Casado 11:30 h | Mesa de diálogo Participación activa da sociedade civil. Mesa do grupo Arte, museo, saúde e benestar. 13:45 h | Relatorio Coidarnos: a importancia dos autocoidados na saúde mental. A cargo de: Patricia Vázquez Carballal (FEAFES Galicia). 16:30 h | “Subterránea”, unha peza escénica de Mónica Sueiro. Sábado, 13 de decembro Xornada: Migracións e convivencia intercultural Visita cultural: Viaxe ao Museo Etnográfico de Grandas de Salime “Pepe El Ferreiro”, para a inauguración da exposición itinerante da RMPL “113+” de Evelyn Ruiz. Xoves, 18 de decembro Día Internacional das Persoas Migrantes 16:30 h | Roteiro pola cidade de Lugo coa comunidade migrante Cartografía da acollida: Saír do mapa. Nota: Entregaráselle a todas as persoas asistentes o selo e a postal con franqueo pagado de Correos conmemorativo coa imaxe do Museo da Migración da RMPL. 19:00 h | Inauguración (Lugar: MPL) Inauguración da exposición: Memorias Migrantes: Arquivo gráfico en construción. Adela Vázquez (Premio Cousas do retorno 24/25 : Ser migrante 2024). A continuación tamén se presentará o proxecto “126+”. Venres, 19 de decembro 17:00 h | Actividade na RMPL Hackea a túa visita. Diálogos en clave decolonial pola RMPL.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar