10:30 hasta las 17:30
OBRADOIRO | Cartografía da Acollida

OBRADOIRO | Cartografía da Acollida

Cartografía da Acollida
Tecer redes e construír comunidade na RMPL

Museo provincial de Lugo

  27/09/2025

Migrar non é só desprazarse: é un desafiante proceso vital que implica deixar atrás parte do que un é para reconstruílo noutro territorio, físico e emocional. Como proceso, implica tamén atravesar barreiras burocráticas, culturais e económicas, xunto á necesidade de crear un novo ser e estar no mundo. Baixo esta premisa, a Rede Museística Provincial de Lugo presenta “Cartografía da Acollida”, unha xornada de reflexión e acción que busca xerar un espazo de diálogo e encontro.

Convidámoste a participar neste obradoiro o vindeiro sábado 27 de setembro, nunha sesión continua de 10:30 a 17:30 horas, que terá lugar no Museo Provincial de Lugo e que contará cunha pausa para o xantar.

A xornada busca crear conversas entre persoas con vivencias migrantes e sen esa experiencia a través dun exercicio de mapeo colaborativo. Xuntos e xuntas, identificaremos espazos, tanto materiais como simbólicos, para reflexionar sobre as barreiras e oportunidades que definen a realidade migratoria local. O obxectivo é propoñer ideas e accións posibles que axuden a fortalecer a nosa comunidade, facéndoa máis inclusiva e acolledora.

No camiño, farémonos preguntas esenciais: en que sitio o estranxeiro é tamén punto de encontro? Que lugares comúns son os que me fan sentir parte do local? Que novas rutinas, hábitos e sitios son os que crean arraigo na distancia?

Este taller, que se enmarca no programa Estratexias de Museoloxía Social 2025, estará coordinado polo museólogo e xestor cultural Leonardo Casado.

As prazas son limitadas para garantir unha experiencia participativa e enriquecedora. Se desexas formar parte desta cartografía humana, inscríbete a través do  formulario.

Como dicía Eduardo Galeano, “teño morriña dun país que aínda non existe no mapa”. Vémonos no museo para comezar a debuxalo xuntos.

Se queres participar, tes toda a información e o formulario de inscrición en https://comunidadermpl.gal/cartografia-da-acollida/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android