Mauro Leivas: unha aula con vistas, unha linguaxe, un universo O universo artístico e vital de Mauro Leivas comeza e remata en Mondoñedo. Imaxino un rapaz audaz, de pensamento áxil e man destra. Ollando desde os ventanais da aula de debuxo do Instituto San Rosendo, aprendendo a mirar e a descifrar os códigos do universo, medindo a capacidade da arte como linguaxe para coñecerse, para expresarse e para rebelarse contra un mundo hostil e intolerante. Coa exposición itinerante “Mauro Leivas: unha aula con vistas, unha linguaxe, un universo“, volvemos a onde comezou todo, ó IES S. Rosendo de Mondoñedo, un espazo educativo onde a arte de Mauro volve para ensinarnos que loitar por un mundo mellor é innegociable e que aínda é posible, se poñemos da nosa parte. A inauguración terá lugar o venres 14 de novembro, ás 14:30 h., acompañados polo alumnado do centro, e permanecerá nos súas instalación ata o 8 de xaneiro
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar