O 20 de xaneiro de 2025 o Museo Provincial de Lugo ingresou, por doazón en legado testamentario de Xoán Anllo Vázquez, unha colección de pezas de Belas Artes, Artes Decorativas e Etnografía procedentes de diversas zonas xeográficas de Europa, Asia e América. Con motivo da incorporación destes bens, e no marco do programa Coleccionismo e museos que o MPL está a desenvolver en 2025, organízase esta exposición cos seguintes obxectivos: • Destacar a importancia do coleccionismo e do mecenado na conformación das coleccións museísticas públicas. • Crear diálogos entre o patrimonio cultural galego e o doutras zonas xeográficas a través dunha exposición heteroxénea e multidisciplinar. • Promover a pluralidade e a diversidade cultural co fin de chegar a públicos diversos. • Contribuír ao coñecemento e posta en valor do patrimonio cultural doutros países e continentes. • Promover a socialización do patrimonio a través dun museo público. • Facilitarlle á sociedade a interpretación do patrimonio cultural. • Relacionar a transferencia do coñecemento coas sinerxías de valor social, a nivel local e xeral, desde formulacións interdisciplinares e transversais. FICHA TÉCNICA: Título: Legado Xoán Anllo. O compromiso dun coleccionista. Programa: Coleccionismo e museos. 2025. Datas: Desde o 18 de setembro ata o 30 de novembro de 2025. Lugar: Sala de exposicións temporais do MPL. Coordinación xeral: Aurelia Balseiro García. Comisariado: María Quiroga Figueroa, Paula Salinas Somoza, Lucila Yáñez Anllo-Vergas. Adxunto á coordinación e comisariado: Negociado de Coleccións do MPL. Textos: Dirección, Departamento de Belas Artes e Departamento de Etnografía e Artes Decorativas do MPL. Conservación e restauración: Departamento de Restauración do MPL. Colaboracións: Departamento de Montaxe de Exposicións do MPL e Negociado de Coleccións do MPL.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar