19:30 hasta las 00:00
EXPOSICIÓN | “As cidades de Colmeiro”
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
“As cidades de Colmeiro” Museo Provincial de Lugo O vindeiro xoves 26 de marzo ás 19:30 horas inaugurase no Museo Provincial de Lugo a exposición As cidades de Colmeiro. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 31 de maio de 2026. O proxecto ofrece unha perspectiva renovadora sobre a traxectoria de Manuel Colmeiro (1901-1999) ao analizar o impacto que as cidades onde residiu tiveron na súa creación artística. A través dun percorrido por escenarios como Buenos Aires, Vigo, París, Lugo, Ourense, Bilbao ou Ámsterdam, o público descubrirá como o artista reformulou a temática popular galega, de base agraria, utilizando chaves formais da figuración europea de entreguerras e unha intensa sensibilidade social. A colección céntrase en obras sobre papel que abranguen un amplo abano temporal, desde pezas de 1919 ata os anos sesenta. Entre os traballos destacados atópanse Atardecer (1920) de Buenos Aires, a Vista de Lugo con Muralla (1934) ou o Porto de Vigo (1936), que exemplifican como a súa produción se modulaba segundo a súa relación co medio urbano



