19:00
Exposición Historia Postal de Lugo (s. XVIII–XX)
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
📬 Se non fose pola relación tecida previamente entre a Rede Museística Provincial de Lugo e a Federación Galega de Sociedades Filatélicas, e polo traballo conxunto realizado arredor do selo conmemorativo dedicado ao Museo da Emigración da RMPL, hoxe non teriamos esta oportunidade. Dese encontro institucional e humano nace agora unha nova colaboración que fai posible traer a Lugo unha colección excepcional. A Sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo acollerá unha exposición única que permitirá descubrir a historia das comunicacións e da vida cotiá a través de máis de 370 pezas orixinais —cartas, documentos, marcas postais e materiais históricos— que percorren arredor de 150 anos de actividade postal. A mostra inclúe: ✉️ Correspondencia histórica coa evolución das marcas empregadas na Administración Principal de Correos de Lugo (s. XVIII–XIX) 🗺️ Pezas das localidades que dependían dela —territorios das antigas provincias de Lugo, Mondoñedo e Betanzos— 📮 Un apartado dedicado ás carterías da provincia (s. XIX–XX) ⚔️ Documentos vinculados á Guerra da Independencia e á intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís 📦 Tres vitrinas con caixas para selos dos séculos XIX e XX (arredor de 130 pezas) 📚 Bibliografía especializada procedente da colección 📅 Inauguración: día 19 ás 19:00 h Esta oportunidade chega grazas á xenerosidade do coleccionista Andrés García Pascual, quen cede as pezas e achega tamén o rigor documental que sustenta o discurso expositivo. O noso agradecemento esténdese tamén a José Luis Rey Barreiro, presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas(da que Andrés é vicepresidente), porque exemplos así demostran que cando se traballa en rede, o patrimonio non só se conserva: compártese e cobra vida.



