Abellas e abelleiros, unha relación ancestral na Galicia meleira, é unha exposición didáctica creada e producida pola área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e a concellería de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo, comisariada por Ricardo Fernández, co asesoramento científico do técnico en Apicultura Manuel Sande, secretario da Asociación Provincial Lucense de Apicultores (APLA), que nace co obxectivo de achegar ao espectador a relación que desde o Medievo veñen tendo abellas e abelleiros en Galicia, un terra de fortes tradicións, entre as que destaca o seu extraordinario mel. Para iso, a exposición fai un percorrido polo cosmos da abella, mostrando todas as fases polas que pasa este imprescindible insecto para a humanidade, unha vez convértese en «gando», e é domesticado polo ser humano para obter mel. Abellas e abelleiros entendéronse desde o principio dos tempos e, froito deste entendemento e das exclusivas condicións xeográficas e florais galegas, a apicultura en Galicia xerou un patrimonio cultural diferenciador con respecto a outras zonas meleras do Estado, que converten a esta comunidade nunha das máis singulares do sur de Europa, unha actividade que forma parte das tradicións galegas, e que a exposición Abellas e abelleiros. Unha relación ancestral na Galicia meleira, quere poñer en valor e concienciar a quen a visite, do excepcional desta relación. Tomando como fío condutor o «ano apícola» en Galicia, a exposición Abellas e abelleiros, unha relación ancestral na Galicia meleira, achega ao espectador a morfoloxía anatómica da abella Apis mellifera, a través de maquetas construídas con intelixencia artificial. Percorre igualmente cada un dos procesos que, dependendo da estación do ano, veñen practicando os abelleiros galegos para coidar o seu gando e obter os prezados e doces alimentos que proporciona a abella. A abella aliméntase de néctar e pole de máis de 125 especies florais, das que a exposición trae 45 nas que pode verse á abella libando ou recollendo pole destas flores que son a base dos meles galegos. A casa das abellas é un mundo fascinante e descoñecido para o gran público. O espectador poderá introducirse na colmea, onde conviven ata 70.000 veciñas, para descubrir como as súas inquilinas constrúen celas hexagonais exactas, que son verdadeiros enxeños da natureza, habitacións onde nacen e crían novas obreiras ou á soberana da colonia, e onde almacenan o mel e o pole como alimento de fronte ao inverno, e que é o obxecto de todo un ano de traballo para o abelleiro. A exposición conta ademais con importantes apoios gráficos, como as imaxes de época onde poden verse os antigos cortizos e trobos nas alvarizas, arquitecturas de pedra onde se resgardaban os apiaros da golosidadd do oso, moito datadas do século XVI, e que hoxe volven estar en uso grazas ao compromiso dos abelleiros galegos con recuperar e conservar estas construcións que son aprte ineludible da identidade cultural de Galicia. Estas e outras vinte instantáneas de escenas dos séculos XIX e XX, foron cedidas polo Museo do Pobo Galego, o Museo Etnolóxico de Liste, o Museo Etnográfico de Ribadavia, o Muséu do Pueblu d’Asturies, o Museo Provincial de Lugo, ou o Arquivo Provincial de Lugo. Doutra banda, cabe destacar os elementos etnográficos cos que conta a mostra e que traen das pasado formas e técnicas orixinais de tratar coa abellas en Galicia, como mieleras, castraderas e potas de mel antigas (Col. Rosa Carballés), prensa de mel, centrifugadora manual, coitelos e peites de desopercular, ahumadores de folla de lata e de barro, onde destaca un afumador de cheiraríaa de Buño (A Coruña), do pasado século, etc. Así pois, Abellas e abelleiros, unha relación ancestral na Galicia meleira, é a exposición didáctica máis completa realizada ata o momento dedicada ao mundo da apicultura en Galicia, unha actividade situada na XXXII Feira do Mel de Lugo, e que non deixará de sorprender a quen se achegue a visitala no Museo Provincial de Lugo e introdúzase nos seus contidos, que están deseñados para que todo tipo de público coñeza de maneira amena o apaixonante universo dun dos animais máis fascinantes do mundo: a abella.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar