Datas: do 11 de setembro ao 30 de novembro de 2025. Lugar: Sala multiusos do Museo Provincial de Lugo Co gallo da celebración, en 2025, do 75 aniversario da morte de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, cuxa obra tamén foi declarada como Ben de Interese Cultural Inmaterial en 2011 (Decreto 249/2011), o Museo Provincial de Lugo organiza esta exposición cos seguintes obxectivos: Abordar, desde diferentes perspectivas, a obra e legado de Castelao con este proxecto como remate do programa anual desenvolvido no MPL a través da Área de Cultura da Deputación de Lugo. Visualizar estratexias de difusión e divulgación científica para un correcto coñecemento da obra de Castelao. Relacionar a transferencia do coñecemento coas sinerxías de valor social, a nivel local e xeral, desde formulacións interdisciplinares e transversais. Contribuír ao estudo e difusión da obra de Castelao para xerar novos contidos e transferilos á sociedade. Fomentar as relacións institucionais con outras entidades e persoas que custodian obra de Castelao, promovendo conexións de colaboración e aprendizaxe. Divulgar públicamente o coleccionismo particular aplicado ao patrimonio cultural galego dentro do programa “Coleccionismo e museos. MPL. 2025”. Esta mostra retoma a exposición realizada no Museo das Artes do Gravado de Ribeira que amosou, daquela, a colección de Roberto Taboada para visualizar os traballos do rianxeiro publicados no xornal vigués Galicia durante o ano 1925, logo utilizados na publicación Cincoenta homes por dez reás (1930). A súa exhibición no Museo Provincial de Lugo da continuidade ao programa conmemorativo do 75 cabodano de Castelao que o MPL desenvolveu ao longo deste ano 2025. Características técnicas: 68 enmarcacións de 23 x 23 cm coas pranchas de zinc orixinais das viñetas Os Homes por Castelao 65 enmarcacións de 24 x 62,5 cm coas follas orixinais do xornal Galicia das viñetas do autor. Material bibliográfico Comisariado e coordinación: Xoán Pastor Rodríguez Santamaría e Aurelia Balseiro García Colaboradores: Roberto Taboada Rivadulla, Fundación Museo de artes do Gravado á estampa dixital, Carlos L. Bernárdez
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar