19:00 hasta las 00:00
EXPOSICIÓN | O vestiario das almas pintadas

EXPOSICIÓN | O vestiario das almas pintadas

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
O vestiario das almas pintadas.
A indumentaria galega nas obras costumistas

A Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial, presenta o proxecto “O Vestiario das Almas Pintadas. A indumentaria galega nos cadros costumistas”, unha iniciativa que vincula arte, educación e investigación, desenvolvida en colaboración coa Asociación de Danza e Teatro CAFUNÉ e a Asociación Etnográfica Sete Espadelas.

Trátase dun proxecto coordinado pola xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e comisariado por David Quiñones e José Luis Rodríguez, da Asociación Etnográfica Sete Espadelas. O proxecto enmárcase no programa de investigación educativa impulsado pola RMPL, co obxectivo de mellorar o acceso ás coleccións como fontes primarias de coñecemento, favorecendo unha aproximación renovada e crítica ao patrimonio artístico galego.

A mostra abrangue unha experiencia singular: 45 manequíns con máis de 600 pezas de roupa antiga ou reproducións fieis, xunto a utensilios, obxectos etnográficos e aparellos da vida cotiá, expostos ao lado das obras orixinais. Esta posta en escena permite mergullarse nas mesmas escenas representadas en cadros e esculturas, apreciando ao detalle o vestiario, a ourivería e os obxectos empregados polos nosos antepasados.

A exposición recupera do esquecemento figuras fundamentais da memoria popular: mulleres camiño da fonte con sellas sobre a cabeza, vendedoras do mercado de Lugo, cacharreiras das feiras, rezadoras dun rosario ou os personaxes da Romaría de Darbo. Un traballo de reprodución milimétrica que devolve á vida escenas de obras emblemáticas.

A inauguración terá lugar o 30 de setembro ás 19:00 h no Museo Provincial de Lugo. A mostra estará aberta ao público ata o 26 de decembro.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android