17:00
'Pasmo de pedra' de Mircromina Títeres, este sábado na Casa-Museo Manuel María

"Pasmo de pedra" de Mircromina Títeres, este sábado na Casa-Museo Manuel María

O actor e manipulador mindoniense, Ton Arenas (Mircromina Títeres), leva ao cenario, para todos os públicos (infantil e familiar), a traxicomedia "Pasmo de pedra".
A sinopse é a seguinte: Decorre o ano 1543 cando Isabel de Castro e Pardo de Cela, casados e residentes no castelo da Frouxeira, desfrutan dunha vida relaxada, chea de privilexios e distraccións. Mentres, na outra punta da comarca, o bispo de Mondoñedo leva tempo reclamando os seus dereitos, bens e propiedades. Canso de ser enganado pola parella, contrata o mercenario Mudarra para que lle faga o traballo suxo. A pregunta é, perderá Pardo de Cela a cabeza?
Para asistir á representación, programada para as 17 horas na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei), é necesario reservar (billete: 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android