00:00
3º Encontro fotográfico | "Manchar Papel. Fotolibros: outra maneira de contar historias"
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
ENCONTROS FOTOGRÁFICOS Marzo e abril 2025 Durante os meses de marzo e abril Lugo Cultural organiza una serie de encontros fotográfico con profesionais. Participarán como relatoras/es: Paula Quiroga, Catara Rego, Tono Arias, Vicente Fraga e Jesús Madriñá Inscrición ata 1 semana antes ou completar prazas Inscríbete neste formulario: https://acortar.link/kEKYoT 3º Encontro Manchar Papel. Fotolibros: outra maneira de contar historias Relator: Tono Arias Data: 22 de marzo O libros de fotografías están entre nós practicamente dende que se inventou a fotografía: (Photographs of British Algae by Anna Atkins 1843-The pencil of nature by William Fox Talbot 1844). Na última década o seu deseño, contido, produción e distribución experimentaron un cambio importante en canto a idea ou concepto que se tiña do que son os libros por isto ultimamente e para entender a diferencia defínense coa etiqueta #fotolibro. “Detrás dun Fotolibro ten que haber unha idea e unha intención, unha mensaxe que se transmite a través do xogo coas imaxes. Non se trata de fotos individuais, se non de fotografías secuenciadas, editadas, e dispostas de tal maneira que se reforzan unhas con outras, relaciónanse ente elas e todas xuntas dan forma a unha obra única que pode ter múltiples lecturas. Nesta obra o máis importante son as fotografías pero tamén xoga un papel fundamental o deseño ou o texto (se fora preciso) a tipografía e as decisións de produción en canto a impresión”. Pensamos que o fotolibro é un formato útil e interesante para que a obra dos autores poida chegar a máis público e permaneza de maneira estable por moito tempo en circulación, ademais das posibilidades creativas que pode proporcionar este soporte. Nesta Charla presentaremos os proxectos editados por Dispara e veremos tamén algúns dos libros icónicos e peculiares máis influentes desta década. Tono Arias é fotógrafo de prensa e documental desde o ano 84, traballou en diversos medios de comunicación: Faro de Vigo, El Correo Galego, axencia EFE, El Pais, El Mundo así como tamén nas revistas Interviu e Tiempo. A partir do ano 2006 inicia unha nova etapa como fotógrafo independente, poñendo en marcha un estudio de fotografía na Estrada onde realiza os diversos traballos profesionais no ámbito da fotografía industrial, publicidade, moda, arquitectura, editorial e documental. Así mesmo crea o primeiro banco de imaxes especializado en Galicia e online: http://www.tonoarias.es. No ano 2012 inicia o proxecto “DISPARA” un espazo web http://www.dispara.org , e físico, sito en A Estrada que é unha galería de artes visuais, librería especializada en fotolibros e editorial. Este espazo está destinado a reunir traballos fotográficos de carácter documental e artístico, e a servir de punto de encontro entre autores para fomentar o desenvolvemento de proxectos culturais, relacionados coa fotografía. Ten comisariado as exposicións colectivas “welcome to Galicia” (sobre o formato impreso da postal) , “Livres” (en torno a edición de fotolibro internacional) ou Lume para o colectivo Ollo e Abanca (2023). Organiza eventos en torno á fotografía contemporánea: P2P A Estrada, evento que se desenvolve tamén en PHE (coa colaboración de 30y3 photography e outros). Presentacións de diversas publicacións así como talleres de fotografía impartidos por profesionais de todo o Estado. Actualmente forma parte da recen creada A COLECTIVA asociación de artistas de Galicia. Como fotógrafo comercial ten publicado unha morea de libros, sobre a paisaxe, tradicións, arquitectura e patrimonio. En torno ó cinema ten participado como foto fixa nalgunhas producións sendo a última “Tempo Vertical” de Lois Patiño. Como autor ten participado en varias exposicións individuais e colectivas. +INFO https://www.lugocultural.gal/news/262/28/ENCONTROS-FOTOGRaFICOS/d,Detalle/



