19:31 hasta las 21:22
Eclipse 2026.8.12 en Lugo

Eclipse 2026.8.12 en Lugo

A cidade de Lugo prepárase para ser un dos grandes centros de observación en Europa da eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026 cun gran proxecto de divulgación científica e transferencia do coñecemento (páxina web aquí ).

Ás 20.28 horas do atardecer do 12 de agosto a Lúa ocultará por completo o Sol sobre Lugo durante preto de minuto e medio: a primeira eclipse total visible na cidade desde 1905 e a última ata o 4 de outubro do ano 2480.


Lugo é unha das só catro capitais españolas desde as que se verán todas as fases da eclipse e unha das dúas únicas grandes cidades galegas dentro da banda de totalidade.
O fenómeno astronómico será o eixo central dun ambicioso proxecto de divulgación científica, liderado polo astrónomo Manuel Andrade Baliño (USC/CITMAga), que levará a cabo un amplo programa de actividades divulgativas: conferencias, talleres, observacións públicas con telescopios solares, repartición de lentes homologadas, etc.
Convocaranse 25 bolsas de inicio á investigación para que estudantes universitarios formen parte activa deste fito astronómico.


A iniciativa conta co cofinanciamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Tamén colaboran activamente a Deputación de Lugo, o Concello de Lugo, Caixa Rural Galega e a Sociedade Española de Astronomía.


+INFO 


Download App iOS
VIRAL App
Download App Android