20:30
Cineclube Pontevedra: Jocelyne Saab #1

Cineclube Pontevedra: Jocelyne Saab #1

AS MULLERES PALESTINAS
Jocelyne Saab, 1974, Francia, 16 min., VOSE
LÍBANO SUR: HISTORIA DUNHA VILA ASEDIADA
Jocelyne Saab, 1976, Francia, 12 min., VOSE
OS NENOS DA GUERRA
Jocelyne Saab, 1976, Francia, 10 min., VOSE
EXIPTO: CIDADE DOS MORTOS
Jocelyne Saab, 1977, Líbano, 35 min., VOSE
[Lingua: francés, árabe e inglés. Duración da sesión: 73 min.]
.
As primeiras tres pezas desta sesión céntranse na resistencia palestina no sur do Líbano. Nelas, a directora retrata e dálles voz aos habitantes das aldeas fronteirizas de Hanine e Kfarchouba logo de seren atacadas por sirios e israelís en 1976, ás combatentes palestinas e ás crianzas dun barrio beirutí días despois da masacre de Karantina en 1976.

Na cuarta peza, de 1977, Saab retrata a Cidade dos Mortos, un camposanto habitado por vivos nos arrabaldes do Cairo, para a partir dela mostrar a masificación e a miseria dos populosos barrios cairenses, ameazados día a día pola pasividade das autoridades.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android