19:00 hasta las 23:59
The Champions Burger Lugo 2026

The Champions Burger Lugo 2026

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
A gastronomía urbana e as propostas culinarias máis senlleiras danse a man nunha nova cita de referencia para o público lucense. Do 4 ao 14 de xuño, os xardíns do Pazo de Feiras e Congresos acollen a The Champions Burger. Nesta ocasión, a prestixiosa feira gastronómica aterra na nosa cidade co seu formato «All Star», un evento especial que reúne as hamburguesas máis exitosas e premiadas das súas distintas edicións nun ambiente festivo e musical.

A diferenza da xira tradicional, a parada en Lugo preséntase baixo a etiqueta «All Star». Isto significa que nesta ocasión o certame non é unha competición, senón unha exhibición culinaria do máis alto nivel. O público asistente terá a oportunidade de degustar sen presas unha coidada selección dos food trucks e as hamburguesas gourmet que fixeron historia a nivel nacional, garantindo o máximo nivel de calidade e sabor.

O evento conta coa participación de destacadas hamburguesarías en xira («Estrelas»), xunto cunha coidada representación local. O prezo das hamburguesas roldará os 14,95 €. Entre as propostas exclusivas que se poderán degustar no recinto atópanse:

A representación local («Distinción Local») correrá a cargo de Malizzia Street Food coa súa exitosa proposta «La Quicos». Ademais das hamburguesas, a oferta compleméntase cunha zona de entrantes (con propostas de Cheeck’s e patacas fritidas Ybarra) e opcións doces, destacando a famosa torta de queixo de Ciriaco.

Co obxectivo de axilizar o servizo e mellorar a experiencia dos visitantes nos momentos de maior afluencia, a organización colabora con Uber Eats. Os usuarios que creen unha nova conta e fagan o seu primeiro pedido a través da aplicación no interior do recinto poderán beneficiarse dun acceso directo sen colas e gozar da súa hamburguesa a un prezo reducido (12,95 €). Para os clientes que xa empregan a aplicación, tamén é posible evitar as colas facendo o pedido a través da plataforma, establecéndose neste caso o prezo xeral de 14,95 € por unidade.

Fuente: https://pfclugo.com/event/the-champions-burger-lugo/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android