N/D
Expocanina maio 2026
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle os días 30 e 31 de maio unha nova edición de Expocanina, organizada pola Sociedade Canina Galega. Nesta ocasión, o evento estará centrado en exclusiva nos certames de morfoloxía e beleza, polo que esta fin de semana non haberá probas de agility.
Durante as dúas xornadas habilitarase un espazo para realizar os rexistros iniciais, un servizo destinado a aqueles cans de raza que carezan de pedigree.
Para o público que non poida asistir de xeito presencial, os xuízos e as finais de cada categoría retransmitiranse en directo a través da canle de YouTube de ARION.
Máis información e detalles do evento en: www.caninagalega.com
Fuente: https://pfclugo.com/event/expocanina-maio-2026/



