11:00 hasta las 19:00
Apreta Maratón 2026

Apreta Maratón 2026

Escalada deportiva e lecer danse a man nunha nova cita ineludible para os amantes deste deporte. O vindeiro 7 de xuño, Move Lab organiza o Apreta Maratón, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, unha xornada deseñada para poñer a proba a resistencia técnica e gozar dun ambiente excepcional ao redor do rocódromo de Lugo.

Concibido co obxectivo de facer comunidade, o Apreta Maratón desenvolverase ao longo de todo o día, alternando os retos na parede con momentos de descanso e convivencia. Os horarios previstos pola organización (suxeitos a axustes segundo o ritmo da competición e o número de participantes) son os seguintes:

Para o correcto desenvolvemento da actividade, recoméndase ás persoas inscritas que acudan co seu propio material de escalada. Con todo, as instalacións dispoñen dun servizo de alugueiro de material para quen o precise.

Ademais, dende a organización lémbrase que a seguridade de todos os asistentes está garantida, xa que o seguro de accidentes do propio rocódromo cobre a todas as persoas usuarias da instalación durante a celebración do evento.

Fuente: https://pfclugo.com/event/apreta-maraton-2026/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android