16:00
Masterclass de Freestyle | Dani Suárez

Masterclass de Freestyle | Dani Suárez

O 13 de xuño levarase a cabo a Final Nacional Freestyle do evento Masters in Combat nos Xardíns do Pazo de Congresos en Lugo. Este evento contará coa participación de 16 competidores que se disputarán un premio total de 1000 euros.

Ademais, ofrecerase unha masterclass a cargo de Dani Suárez, tres veces campión nacional e campión europeo de Hip-hop. Tamén haberá unha exhibición de baile cos grupos Stardance e Gravitty.

O evento comezará a partir das 16.00 horas e está financiado polo Concello de Lugo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android