N/D
Car Outlet Lugo 2026
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O Pazo de Feiras e Congresos convértese de novo no gran concesionario da provincia coa chegada dunha nova edición de Caroutlet Lugo. Esta cita é especialmente sinalada, xa que o evento celebra o seu 15º aniversario achegando as mellores oportunidades do mercado automobilístico a tódalas persoas asistentes.
Esta décimoquinta edición contará coa participación das firmas e grupos de automoción máis importantes do sector, garantindo unha variedade de marcas e modelos sen precedentes na provincia:
A décimo quinta edición de Caroutlet reúne nun único espazo a maior e máis variada oferta de vehículos de ocasión e de quilómetro cero. Cos seus máis de 9.000 metros cadrados dedicados integramente á exposición do motor, o público terá á súa disposición un stock de máis de 400 automóbiles revisados, con garantía e adaptados a tódalas necesidades e orzamentos.
Esta feira supón unha oportunidade inmellorable para comparar decenas de modelos nunha soa visita, recibir asesoramento profesional directo por parte dos concesionarios e acceder a prezos e condicións de financiamento exclusivas durante a fin de semana. Un ano máis, a instalación reafírmase como o gran punto de encontro estratéxico para impulsar o sector da automoción.
Fuente: https://pfclugo.com/event/car-outlet-lugo-2026/



