20:00
ZAVALA, concerto en acústico, coa colaboración das cantareiras ATALAIAS DE CAIÓN
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O próximo sábado, 11 de abril, volta a música á Casa-Museo Manuel María cun concerto en acústico de Zavala (Carla Romalde, voz), Carlos Castro "Kos" (programación e bases) e Víctor Ledo (guitarra e voz)).
Unha proposta innovadora e contemporánea, difícil de clasificar, que mira de frente ás novas texturas sonoras e que virá acompañada e arrequecida coa participación, en distintos temas, das pandeireteiras Atalaias de Caión.
Voces e letras que convidan unha escoita atenta, ofrecendo un concerto con carácter e sensibilidade.
Con dous traballos editados (“Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica)” en 2023 e “Pequeno manual para grandes cambios II (teoría e práctica”) en 2025), Zavala está nestes momentos a piques de editar o seu terceiro disco de longa duración (veñen de presentar o seu primeiro adianto “Corvo Negro”) e apareceu, en distintas listas, como unha das dez mellores bandas galegas de 2025.
O concerto dará inicio às 20 hrs (billete 5 euros) e é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621


